Debut co Ribadeo FC

Este sábado 9 de Agosto, fixen o meu debut co Ribadeo FC fronte ao Real Oviedo B. Saín na segunda metade para disputar os últimos 30 min. do encontro ocupando a posición de interior esquerdo.

O encontro foi moi igualado, pero ao final non puidemos conseguir a victoria, rematando cun 1-2 no marcador. Pola miña parte o calor fixo moita mella, xa que me impediu respirar con normalidade, chegando ata a producirme dor, e non me foi posible corer e dar todo o que podo dar. Mañá temos outro partido de pretempada e espero poder disputar máis minutos e poder estar a tope. Polo de pronto toca descansar, xa que me espera un día longo. Boas noites!

P.D: Na foto, atópome o primeiro pola dereita da fila de abaixo

Share This

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.