Non consigo durmir. Aproveito para escribir algo?

Con esta reflexión me levantei hai uns minutos. Fai moito calor de noite estes días, e cóstame moito conciliar o sono, así que vinme para o salón a ver se me canso un pouco. Prendín a tele e saltoume V Televisión, un programa xa emitido de Vía V. Están a falar dos problemas de Rajoy e o PP tra-los papeis de Bárcenas, e todavía hai un optimista que pensa que a Rajoy quédalle pouco tempo no cargo. Habería que explicarlle que o capitalismo é un sistema ecónomico obsoleto e mal deseñado desde o comezo, xa que propicia que existan crises cíclicas, e que xente coma estos políticos sexan cazados sempre no peor momento, xa que o capital non flúe, e non teñen maneira de disimular esas cantidades inxentes de diñeiro. A ese xa non hai quen o bote ata dentro de 3 anos!, cando o pobo escolla aos seus representantes. O problema disto, na miña opinión, é que se vai acabar tapando con outro acontecemento que sexa ridículo, pero que críe moitos debates. E dentro de 3 anos, se alguén se acorda disto, pensará que xa non importa, ou que, como todos son iguais, da igual votar por un que por outro. O que hai que conseguir é que PP PSOE perdan máis da metade do seu poder nas cámaras, e que outros grupos máis pequenos, consigan máis deputados e senadores, para así poder garantir que tódolos cidadáns se sintan representados. Agora na práctica, isto antóxase imposible, xa que hai moita xente con poder interesada en que esta situación non cambie, principalmente as grandes fortunas. E penso que logo desta lección de economía, política e sociedade, vou tomar un vasiño de auga (carbonatada) e volvo para a cama, que agora vexo que non debía haberme levantado. Ata outra!

Share This

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.