#ÁnimoGalicia

Hoxe chegaba de adestrar co Ribadeo FC e o primeiro que vexo é a cobertura que estaban a facer os da TVG sobre o acontecido en Santiago. Unha desgraza que, ademáis, chega no día do meu santo, nun día de festa para Galicia e tamén de España, xa que Santiago Apóstol é o patrón de España. Desde aquí todo o que podo facer é dar o máis sinceiro pésame ás familias das víctimas, aínda que isto non vaia arranxar o ocorrido. O único que pido é que se investigue, e se faga xustiza e non pase en Galicia o que xa pasou en Valencia, con aquel accidente dunha liña de metro no que os culpables todavía seguen campando ás súas anchas. E #ÁnimoGalicia!!!

P.D.: A foto do artigo é da cola que se formou para doar sangue. Bravo pola solidaridade dos galegos!

Deixa un comentario

Non consigo durmir. Aproveito para escribir algo?

Con esta reflexión me levantei hai uns minutos. Fai moito calor de noite estes días, e cóstame moito conciliar o sono, así que vinme para o salón a ver se me canso un pouco. Prendín a tele e saltoume V Televisión, un programa xa emitido de Vía V. Están a falar dos problemas de Rajoy e o PP tra-los papeis de Bárcenas, e todavía hai un optimista que pensa que a Rajoy quédalle pouco tempo no cargo. Read More

Deixa un comentario

O meu primeiro Celso Emilio

Boas! Acabo de volver dun concerto adicado a reivindicar a lírica de Celso Emilio Ferreiro, do que tamén se escribiu un libro, ademáis desta xira de concertos. Read More

Deixa un comentario

P*** Internet de R

Desde que o contratamos en Agosto do ano pasado non houbo máis que problemas. Nos comezos, o router reiniciábase só, e quedabamos cada pouco sen internet. Read More

Deixa un comentario

Andrés Suárez (Indescriptible)

Levo escoitando as súas cancións dende o xoves, pero xa me conquistaron. Que voz! E ademáis é cantautor! E por riba, Galego! De verdade, as súas canción encántanme. Non vexo o momento de sentarme no sofá, poñer os cascos e escoitar “Moraima” o seu novo disco. Read More

Deixa un comentario