Publicado o Xullo 25, 2013
Hoxe chegaba de adestrar co Ribadeo FC e o primeiro que vexo é a cobertura que estaban a facer os da TVG sobre o acontecido en Santiago. Unha desgraza que, ademáis, chega no día do meu santo, nun día de festa para Galicia e tamén de España, xa que Santiago Apóstol é o patrón de España. Desde aquí todo o que podo facer é dar o máis sinceiro pésame ás familias das víctimas, aínda que isto non vaia arranxar o ocorrido. O único que pido é que se investigue, e se faga xustiza e non pase en Galicia o que xa pasou en Valencia, con aquel accidente dunha liña de metro no que os culpables todavía seguen campando ás súas anchas. E #ÁnimoGalicia!!!
P.D.: A foto do artigo é da cola que se formou para doar sangue. Bravo pola solidaridade dos galegos!
Deixa un comentarioPublicado o Xullo 10, 2013
Con esta reflexión me levantei hai uns minutos. Fai moito calor de noite estes días, e cóstame moito conciliar o sono, así que vinme para o salón a ver se me canso un pouco. Prendín a tele e saltoume V Televisión, un programa xa emitido de Vía V. Están a falar dos problemas de Rajoy e o PP tra-los papeis de Bárcenas, e todavía hai un optimista que pensa que a Rajoy quédalle pouco tempo no cargo. Read More
Deixa un comentarioPublicado o Xuño 15, 2013
Fai pouco tempo que estou desperto, e a primeira nova que recibo, é que o Icann (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) aprobou o nome de dominio .gal. Read More
Deixa un comentario