Biografía

18 de Setembro de 1996

A miña vida transcorre na fermosa vila de Ribadeo. Desde pequeno, sempre mostrei un interese especial cara ao electrónico, cando con só 2 anos de idade, tiven nas miñas mans por primeira vez unha consola, a Game Boy Color do meu irmán maior. Cando meus pais me mercaron outra, non era capaz de soltala nin para comer, chegando ao punto de gastar un par de pilas por día. Máis adiante, chegou a primeira consola de sobremesa, a PS1. Talvez isto propiciou que perdese o interese na escola, xa que deixei de facer a tarefa o primeiro día no que nola puxeron. Nos reis do 2005 chegou a PS2 e con ela despertou o gamer que levaba dentro. Tras varios anos xa dende aquela etapa da miña vida, agora adícome a aprender pola miña conta sobre o deseño web, chegando xa a cumplir algúns encargos, incluso un deles internacional. Toda a ilusión e cariño que lle lego as miñas webs, queda palpable no lúcidas e atractivas que quedan.