O meu primeiro Celso Emilio

Boas! Acabo de volver dun concerto adicado a reivindicar a lírica de Celso Emilio Ferreiro, do que tamén se escribiu un libro, ademáis desta xira de concertos. O meu primeiro Celso Emilio é o título deste libro disco formado por unha biografía e unha antoloxía do poeta de Celanova a cargo de Xosé Lastra e das adaptacións musicadas de Mini e Mero, Xiana Lastra e María Manuela. Nesta actuación interpretáronse cancións de Fuxan os Ventos e outras xa propias deste grupo ou versionadas. Pódese dicir que, polo menos en Ribadeo, tivo unha gran acollida. Incluso se pediu un bis! Sen dúbida, ese bis de Irmaus púxonos a pel de galiña a todos.

Share This

Deixa un comentario