P*** Internet de R

Desde que o contratamos en Agosto do ano pasado non houbo máis que problemas. Nos comezos, o router reiniciábase só, e quedabamos cada pouco sen internet. Logo, chegaron as averías, e xa pasabamos unhas horas sen internet, e ademáis, a TV de R retrasa a imaxe con respecto ao son. Iso por non falar de que os propios técnicos de R non saben nin como funcionan os seus aparatos. Mesmamente hoxe, tivemos o último capítulo desta historia, quedando sen internet, TV nin liña fixa desde primeira hora da mañá, ata xa ben entrada a tarde, por iso acabei escribindo a estas horas tan intempestivas. Desde logo, o Galiza Calidade os de R non sabe o que é…

Share This

Deixa un comentario