100 visitas en menos de 10 días

Xa vedes, que pouco valor teñen as vosas vidas, que tedes que estar visitando o meu blogue para saber o que fago ou deixo de facer. Moi mal, MOI MAL!! Xa estamos de vacacións, abride as portas da casa que tamén existe o mundo fóra desas catro paredes nas que vivides. Eu non son de praia, pero hai moitas outras cousas que se poden facer cando o tempo acompaña, como ir dar unha volta por ahí, facer deporte, etc. Por outra parte, tamén me alegra saber que alguén está a ler o que escribo, xa que se non, isto do blogue sería en balde. Espero que saiades fóra, pero que iso non vos impida visitarme de cando en cando. Vivide aventuras, tede un amor de verán, volvédevos tolos, pero seguide lendo os meus artigos.

El verano es como un one-night stand: caliente, emocionante y se termina antes de que te des cuenta.

Share This

Deixa un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.