Google Mine: Unha rede social para prestarse obxectos

Google Mine permitiranos compartir obxectos de todo tipo coa xente dos nosos círculos. Poderemos rexistrar os obxectos que nos gustaría ter, os que temos, ver os obxectos dos demáis (para pedirllos) e ofrecer os teus obxectos de forma controlada, xa que só deixarás os obxectos, ou os pedirás á xente que coñezas.

Google Mine vainos deixar compartir calquer tipo de obxecto: libros, videoxogos, móviles,… Poderás subir fotos dos obxectos, escribir revisións, escoller os usuarios que poderán velos, para evitar que o vexan estranos, e compartilos no timeline dos teus círculos. Tamén se está a desenrolar una app para Android que xa está dispoñible no Bazaar segundo as imaxes filtradas.

Esta nova función podería chegar nas próximas semanas, aínda que Google non confirmou nada.

Share This

Deixa un comentario