Día V: Misión Bioloxía

Mañá, último día de clase, eu, un exame, Bea asegurándose de que non copio. Tremo.

Despois dunha semana, que foi a exame por día, acaba o curso. Obviamente, vouno despedir cun exame, pero sabéndome máis cerca do meu obxectivo: que só me quede matemáticas ou mellor aínda, ningunha. Tendo xa confirmado que  castelán está recuperado, filosofía prácticamente tamén, e física rematado hoxe, o de mañá vai decidir o meu verán. A última vez na que só me quedou unha para setembro foi no 2009 en 1º de E.S.O, polo que este vai ser o verán máis relaxado dos últimos 4 anos.

Non son moito de praia, pero con non ter máis dunha para setembro, podo atopar pasatempos.

Share This

Deixa un comentario