O primeiro mini pen drive USB 3.0

Navegando pola rede atopei esta nova dos novos pen drives. Non é unha nova relevante, pero pareceume curioso o tamaño destes novos “pinchos” USB.

Como xa dixen, utilizan USB 3.0, o que permite unha velocidade increíble para as transferenzas entre eles e o teu dispositivo. O modelo da foto, chámase U3-CPSL e fabrícao I-O Data. Este modelo en concreto ten unha capacidade de 8 ou 16 Gb, pero coa rapidez coa que avanzan estas tecnoloxías seguro que non tardan moito en ampliar o tamaño.

Salta á vista que este tipo de pen drives teñen moitas vantaxes, pero teñen un grande inconveniente: o seu reducido tamaño fai que perdelo sexa moi fácil.

Share This

Deixa un comentario